Comprometémonos a converter a Finca Santamariña no gran parque da cidade

Comprometémonos a converter a Finca Santamariña no gran parque da cidade

Coa finca Santamariña de fondo, icono da especulación urbanística do Partido Popular, o BNG-Asembleas Abertas comprometéuse a desenvolver neste espazo o gran parque da cidade e unha equipación deportiva que o BNG xa deixou avanzada cando tivo responsbilidades de goberno na área de deportes.

especulon

Xosé Luis Seara, candiato do BNG-Asembleas Abertas lembrou o dobre prexuizo que as actuacións dos presidentes da Deputación ocasionaron a esta cidade “ a primeira vez cando Baltar Pumar vendeu a finca á Inmobiliaria Flager pola metade do seu prezo no mercado e a segunda cando Baltar Blanco pediu a tasación das 4 parcelas que Urbaourense ten na Finca Santamariña porque precisa cartos para pagar as irregularidades na xestión de fondos europeos”.

Fronte ao proxecto de vivenda privada e especulación que defende o Partido Popular, Susana García aposta “por destinar a Finca Santamariña ao gran parque da cidade e a equipamentos deportivos”.

Os proxectos do PP en materia de urbanismo dan medo. A candidata á alcaldía Susana García, referíase ao anuncio de Jesús Vázquez quen delcaraba hai uns días que pedirá maior flexibilidade á Xunta para facilitar o desenvolvemento urbano.

O BNG-Asembleas Abertas teno moi claro, desenvolverá un urbanismo social destinado ás persoas no canto de mellorar a calidade de vida de todas as veciñas e veciños de Ourense. Neste senso, é imprescindíbel aprobar o PXOM pero non a calquera prezo. Declaraba Susana García que as-os nacionalistas impulsarán a creación dunha mesa de traballo na que participen arquitectos, aparelladores e profesionais relacionados co urbanismo máis temen na que estén presentes os grupos políticos e colectivos sociais e veciñais “ a idea é planificar unha cidade amábel, cómoda, sen barreiras arquitectónicas e con equipamentos públicos”.

Comprometémonos a converter a Finca Santamariña no gran parque da cidade