Comunicado ante a dimisión do Alcalde de Ourense
Como todos os cidadáns e cidadás saben, o xoves o BNG fixo efectiva a decisión, que xa comunicara desde o inicio da crise no Concello de Ourense, e presentou a renuncia efectiva a formar parte do equipo de goberno do Concello.
Polo tanto, queremos comunicarlle á cidadanía que desde este xoves 27 de setembro ás 13:00 o BNG non forma parte do goberno municipal.
Con posterioridade, produciuse o anuncio público de que o alcalde presentará no pleno do sábado 29 de setembro a súa demisión. Entendemos que isto abre unha nova etapa no Concello de Ourense.
O BNG actuará, en coherencia coa liña que sempre seguiron as súas actuacións, segundo a cal, no que de nós dependa, nos concellos nos que o Partido Popular non teña maioría para gobernar, o BNG non facilitará o seu acceso á Alcaldía.
Ourense, 28 de setembro de 2012