Comunicado do BNG de Ourense a respeito da detención do concelleiro Fernando Varela

Comunicado do BNG de Ourense a respeito da detención do concelleiro Fernando Varela

No día de hoxe, pola mañá, tivemos coñecemento da detención de Xosé Fernando Varela Parada, concelleiro do BNG do concello de Ourense, para poñelo a disposición da xuiza de Lugo.

Non sabemos cando se vai producir a declaración e tampouco coñecemos as causas da detención.

O BNG, tal e como defendeu desde o principio deste proceso, mantén reservas sobre o procedemento xudicial (detención con incomunicación) por o considerar desproporcionado e pouco respeitoso cos dereitos das persoas.

En todo caso, o BNG, e tal e como sempre practicou e defendeu, mesmo cando lle afecte a un membro da nosa organización, manterá a mesma liña de coherencia que vén practicando desde sempre: presunción de inocencia no ámbito persoal, e no ámbito político, de producirse unha imputación, defendemos o abandono das responsabilidades institucionais, e estamos seguros de que él mesmo tomaría esa decisión.

Estamos certos da inocencia do noso compañeiro, inocencia que ficará de manifesto ao longo deste proceso.

Ourense, 26 de setembro de 2012

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

Comunicado do BNG de Ourense a respeito da detención do concelleiro Fernando Varela