O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense denuncia que non se está a desenvolver o Obradoiro de emprego “Montealegre III” pola desidia e desinterese do Goberno Local

Rhut Reza, concelleira do BNG no Concello de Ourense

Segundo a concelleira Rhut Reza, “permitiría que 20 mulleres e homes puideran ter un contrato de nove meses no que compaxinarían práctica, formación cualificada e experiencia profesional percibindo o salario mínimo interprofesional”

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense denuncia que non se está a desenvolver o Obradoiro de emprego “Montealegre III” pola desidia e desinterese do Goberno Local

Ourense, 19 de novembro de 2021. Desde o Grupo Municipal do BNG denuncian a perda da subvención concedida para a organización do obradoiro de emprego "Montealegre III", por ter, segundo a concelleira Rhut Reza, “un alcalde que asume competencias a tuti pleni, que non é capaz de exercer e por ter un goberno minguado, máis preocupado en resolver as súas leas internas que nas necesidades reais da veciñanza”.

Os nacionalistas lembran que, en setembro, ao Concello de Ourense foille concedida unha subvención da Xunta de Galiza para a posta en marcha e desenvolvemento do obradoiro de emprego “Montealegre III”.

No Pleno de novembro, “desde o BNG preguntábamos ao alcalde as razóns polas que o goberno municipal non estaba a executar dito Obradoiro de emprego”. Un obradoiro que conta con dous módulos, un de Repoboacións Forestais e tratamentos Silvícolas e outro de pavimentos e albanelería de urbanización e dirixido a persoas en desemprego e inscritas como demandantes de emprego, “cuxa posta en marcha permitiría que 20 mulleres e homes puideran ter un contrato de nove meses no que compaxinarían práctica, formación cualificada e experiencia profesional percibindo o salario mínimo interprofesional”.

Segundo Rhut Reza, “nunha situación de crise económica e social como a que estamos a vivir, resulta rechamante que o alcalde, que é o máximo responsábel da área de promoción económica, emprego e industria, estea máis preocupado na organización de palestras do que el chama Centro de Intelixencia Artificial que en organizar o día a día e garantir a estrutura necesaria para que non se perdan recursos”, e engade, “a súa programación e solicitude son máis prácticos e necesarios para moitos veciños e veciñas que se atopan nunha situación límite”.

Ao BNG tamén lle preocupa que a día de hoxe “aínda non fósemos convocados nen informados das bases ou do procedemento que se empregará para que a partida de 10 millóns de euros, sobrante da convocatoria de autónomas do ano 2020, chegue a autónomas, comercio e hostalaría tal como se acordou recentemente”.

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense denuncia que non se está a desenvolver o Obradoiro de emprego “Montealegre III” pola desidia e desinterese do Goberno Local