A defensa da sanidade pública feita polo BNG é rexeitada pola Deputación de Ourense no debate do estado da provincia.
Bernardo Varela demandou o apoio do ente provincial para reforzar a atención primara e promover un plan único de financiación cos concellos
Varela puxo en evidencia a falsidade dos datos de ocupación exhibidos polo grupo de goberno.
O voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, presentou unha proposta de resolución durante o debate do estado da provincia, en defensa da sanidade pública, para rematar coas precariedade laboral e para que se dote a esta provincia dos medio tecnolóxicos.
Resulta evidente que as lista de agarda e as deficiencias no servizo na atención primaria están a producir situacións que agravan doenzas, indica o voceiro do BNG, e por iso solicitamos o apoio da Deputación para esixir o reforzamento do servizo de atención primaria e a redución das listas de agarda. Porén non foi así o grupo de goberno rexeitou a proposta.
Varela manifestou que levará a o vindeiro pleno provincial do mes de novembro unha moción para abordar esta problemática da atención primaria máis en profundidade e na que demandará “un Plan de Mellora da Atención Primaria” que redimensione os equipos multidisciplinares para dar cobertura as necesidades de saúde da poboación; así como a necesidade de incrementar de maneira urxente o presuposto sanitario, destinado a Atención Primaria, co obxectivo sería alcanzar o 25% do orzamento.
O Plan Único de colaboración cos concellos, cunha dotación mínima do 20% do Orzamento anual da Deputación a repartir con criterios obxectivos, equitativos e equilibrados entre os concellos de Ourense e que o permitiría aos concellos ter unha financiación suficiente tampouco foi ben recibida polo grupo de goberno, o cal impediu a súa aprobación.
Porén, Varela conseguiu consensuar varias das propostas de resolución que presentou á corporación provincial, entre elas a necesidade reiterar a esixencia cara a Administración Xeral do Estado da mellora das infraestruturas e persoal ferroviario, nomeadamente cara o ferrocarril convencional vertebrador da nosa provincia. Demandamos, dí Varela na súa proposta de resolución , a creación dun ferrocarril de proximidade como o que existe noutros territorios dos Estado, ben sexa de xeito directo a través de RENFE ou ben mediante o traspaso de competencias e recursos económicos á Xunta de Galiza para que sexa esta quen o poña en marcha.
Tamén se apoiou a proposta dun novo mapa eólico de Galiza que defenda os intereses de galegos e galegas , tanto desde un punto de vista medioambiental como económico e social e que reverta nunha mellora socioeconómica para o país, acompañada de plans industriais que fagan que o aproveitamento dos recursos dos que dispoñemos sexa aproveitado en primeiro lugar pola cidadanía galega.
O BNG desmonta os datos de ocupación exhibidos polo PP
A pesar do discurso triunfalista do presidente da Deputación provincial, “amosamos con cifras que a situación está lonxe de ser tan positiva como nos quere dar a entender o señor Baltar” manifesta o voceiro do BNG.
O voceiro nacionalista evidenciou a falsidade dos datos de ocupación na provincia, pondo de manifesto que para acadar o 90 % de ocupación da poboación activa na provincia a Deputación tivo que agardar a que se producise unha considerable merma na poboación activa da provincia, a cal decrece a un ritmo do 1% anual desde que goberna Baltar, xa for por avellentamento ou por expulsar a mocidade ourensá á emigración.
“A provincia máis avellentada do Estado e con unha ratio de un pensionista por cada traballador en activo, non pode presumir en ningún caso de datos de empregabilidade” sentenciaba Varela, “máis ben ao contrario, ten que por as bases para realzar políticas socioeconómicas que poñan en valor os recursos que atesoura a nosa provincia, e empezando polos máis mozos e continuando polo resto da poboación sexamos quen de apostar por traballos de calidade e sostibles ao longo prazo no noso territorio .”