Linorsa debe ser sancionada por non pagarlle ás traballadoras

Linorsa debe ser sancionada por non pagarlle ás traballadoras

Outra concesionaria que non cumpre as súas obrigas coas traballadoras-es, Linorsa, que deixa sen salario a 50 empregadas da limpeza dos colexios públicos de Ourense. E será a clase traballadora á que cargue coas consecuencias da mala xestión empresarial mentres o equipo de goberno non asuma o control e seguimento das concesións administrativas.

linorsa

O servizo de axuda do fogar, a limpeza de zonas verdes, concesións de negocios hosteleiros -Pozas do Maimón, A Pajarera, Parque Miño- e outras empresas concesionarias de servizos públicos que non cumpren os contratos e abusan do seu posicionamento sabedoras das dificultades administrativas que teñen os concellos para rescatar as concesións. Porén, a burocracia non debe ser obstáculo para defenderen as traballadoras-es dos abusos empresariais, neste caso dunha compañía que cobra puntualmente do concello de Ourense e que deixa sen salario as empregadas para tapar outros buracos.

O grupo municipal do BNG defenderá no pleno de novembro unha proposta para que se incie xa un expediente sancionador contra Linorsa e que, no caso de non lles pagaren ás traballadoras os salarios que lle adebedan, dende o concello se articulen solucións para que poidan cobrar. Neste senso, o BNG propón, como unha posíbel alternativa, recurrir á garantía contractual que ascende a 69. 980 € e que segundo as cláusulas asinadas ten como finalidade garantir o cumprimento do contrato.

Outra das propostas nacionalistas refírese a non asinar unha segunda prórroga con esta empresa -a primeira delas aprobóuse en maio deste ano- porque aínda que regularice a situación coas traballadoras non ofrece garantías de que nun futuro volva prexudicalas.

Linorsa debe ser sancionada por non pagarlle ás traballadoras