Potenciar o comercio local é básico para dinamizar a vida económica, social e cultural da cidade
O BNG presentou hoxe en Ourense outra campaña de apoio ao comercio local que a organización nacionalista está a desenvolver en todo o país. Porén, a nosa cidade é unha das que máis precisa de políticas que incentiven a compra de produtos no pequeño comercio da cidade.
Segundo explicaba a voceira nacionalista, Susana García, comprar produtos galegos e adquirilos no pequeño comercio revirte e dinamiza a economía local algo que non acontece si as compras se fan nas grandes superficies ou por internet dado que na maioría dos casos estariamos gastando en empresas que non tributan na Galiza.
Tamén se referiu Susana García ao retraso na instalación do alumeado de Nadal, que non é máis ca outra consecuencia da ineficaz xestión do goberno socialista pero dende o BNG queremos apuntar que os problemas que atravesa o comercio local non se solucionan con apoios puntuais -caso do alumeado- senón con políticas globais dirixidas á cidadanía para que as compras se fagan no comercio tradicional.
Dentro da campaña que se inicia mañá, o BNG fará especial fincapé no barrio de A Ponte. Apuntaba a concelleira Ximena González que as-os nacionalistas acompasarán esta campaña coa reivindicación da xestión pública da Praza de Abastos.
Dende o BNG defendemos que se prestixien os nosos produtos primarios facilitando a súa comercialización en circuitos curtos para garantir o máximo beneficio ás persoas produtoras. Neste senso, as prazas de abastos cumpren un papel fundamental dado que comercializan produtos autóctonos, produtos da horta galega, ecolóxicos, etc. No caso da praza de A Ponte esto só podería darse cunha xestión pública de aí a nosa insistencia en que non podemos permitir regalar 2 millóns de investimento público a unha multinacional.
Por outra banda, hoxe ao novo membro do grupo municipal, Secundino Alonso, que tomará posesión como concelleiro no pleno de xaneiro.