O PP pide un pleno extraordinario para facer o que non fai nos plenos ordinarios
O Partido Popular solicitou a realización dun pleno extraordinario para debater sobre a cidade e sobre liñas xerais de actuación no 2013. Ante esta petición o Grupo Municipal do BNG quere facer as seguintes consideracións:
1.- O BNG defende que as administracións locais deben ser, ademais de ferramentas de traballo para mellorar a vida das veciñas, espazos de debate nos que se clarifiquen posicións ideolóxicas e se realicen propostas estratéxicas, por iso estamos de acordo en canta iniciativa se presenta para debater e facer propostas en positivo para a cidade e para a nación.
2.- O BNG considera que o labor de control do goberno pode e debe desenvolverse nos plenos
ordinarios, que teñen una periodicidade mensual, e nas xuntas de área, con periodicidade
semanal na súa meirande parte, sen que iso lle supoña un custo engadido ás arcas do
Concello.
3.- O BNG considera que as propostas estratéxicas para a cidade e @s veciñ@s teñen o seu
espazo nos plenos ordinarios do mesmo xeito que o debate sobre as actuacións do goberno
poden ser debatidas por proposta dos grupos da Corporación Municipal. Esta é a aposta do
BNG, que no marco do programa electoral, e baseándose nas apostas estratéxicas, elabora
mocións que permitan traballar no modelo de cidade que defendemos. Sería desexábel que o
PP aproveitase esas ocasións para presentar propostas e amosar o seu proxecto de cidade, se
é que o ten.
3.- O grupo municipal do BNG utiliza as canles establecidas pola regulación da administración
local para facer un traballo construtivo en beneficio de Ourense, antes desde o goberno e
actualmente na oposición por decisión propia. Así mesmo realiza, dende a posición que ocupa
neste momento, propostas en cada pleno enmarcadas na cidade que o BNG quere para o
futuro baseándose no programa electoral presentado para este mandato.
4.- Non deixa de ser indicativo o momento escollido polo PP para solicitar a realización, cada
mes de xaneiro, dun pleno extraordinario que sirva de informe e control á xestión do goberno
municipal, xustamente cando o labor que leva décadas desenvolvendo na Deputación de
Ourense está sendo cuestionado, incluso desde o ámbito xudicial.
5.- Por todo isto o BNG quere sinalar que todo debate é positivo se a vontade das partes
é realizar propostas construtivas dende as notábeis diferencias ideolóxicas que existen na
corporación municipal. O Grupo Municipal do BNG agarda do Partido Popular neste Pleno de
debate sobre o Concello algo máis que as saídas de tono, insinuacións e faltas de respeto
mostradas nos plenos ordinarios se realmente hai vontade de aportar propostas pola súa parte.
Xaneiro 2013
Grupo Municipal do BNG