O PSOE incumple o acordo plenario de apoio á ILP sobre desafiuzamentos
No Pleno de Xaneiro o BNG propuxo, nun dos puntos da moción sobre desafiuzamentos, que o Concello de Ourense apoiase a recollida de sinaturas da ILP Proposición de lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e o alugueiro social. O Pleno aprobou a proposta e o Goberno era o encargado de poñela en andamento.
O BNG preguntou novamente no Pleno Ordinario de Decembro sobre o estado desta iniciativa e a día de hoxe seguimos sen ter unha resposta por parte do Goberno. O prazo para a entrega das sinaturas ás promotoras da ILP é o 25 de xaneiro, o que prácticamente imposibilita que este acordo plenario sexa efectivizado polo Concello, perdendo así os dous meses de que se dispuña no momento de aprobar a iniciativa do BNG e que tería sido unha importante colaboración coa cidadanía na reclamación dunha reforma da Lei Hipotecaria.
O BNG ven de entregar no rexistro a pregunta que xa fixera no Pleno para denunciar que os días pasaron e o PSOE non foi capaz de poñer en marcha o acordo plenario, calquera resposta que se de agora a esta pregunta chegará tarde e non permitirá a realización do acordo impulsado polo BNG. Mal empeza o Goberno en minoría do PSOE se non vai facer efectivos os acordos plenarios da corporación municipal como neste caso.
Tamén hoxe o BNG rexistrou a pregunta realizada sobre a creación da Comisión Especial sobre desafiuzamentos, agardando que neste caso se poña en marcha o antes posíbel e non teñamos que asistir a outro incumplimento dos cordos plenarios.
Os Textos das preguntas son os seguintes:
Comisión sobre Desafiuzamentos
No pasado Pleno Ordinario de decembro aprobouse unha moción na que un dos puntos acordaba crear unha Comisión Especial no marco do Paco Cívico para atender casos de desafiuzamentos, composta por responsábeis dos Servizos Sociais municipais, portavoces municipais e plataformas contra os desafiuzamentos.
O BNG quere saber cando e cómo se vai a pór en marcha esta comisión.
Apoio á recollida sinaturas da ILP Desafiuzamentos
No pasado Pleno Ordinario de decembro aprobouse unha moción na que un dos puntos instaba á Alcaldía a apoiar a recollida de sinaturas que faga posíbel a discusión parlamentaria dunha reforma da lei a través da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) Proposición de lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e o alugueiro social
O BNG quere saber se o Concello está a realizar ese apoio e en que se concretra o mesmo.
Xaneiro 2013
Grupo Municipal do BNG