O PP retrasa a modificación da ordenanza de tráfico
A modificación da ordenanza de tráfico terá que esperar un mes máis polo exceso de celo do Partido Popular que non quixo aprobar, na comisión de pleno, as emendas do grupo nacionalista. Así, residentes e comerciantes terán que seguir esperando para circular sen atrancos pola zona histórica.
Entre outras, o BNG solicitaba o rebaixe das sancións por incumprimento das normas e a eliminación do peso máximo dos vehículos autorizados a circular pola zona vella. A resposta do interventor á respecto das sancións foi positivo ao afirmar que non tiña nada do que informar. Porén, a falta o informe dos técnicos de infraestructuras en relación ao peso dos vehículos, fixo que o PP non quixera aprobar este punto polo que a ordenanza non poderá ser tratada neste pleno e terá que demorarse ata o 13 de decembro, data estimada da seguinte sesión.
O que non atopou negativas foi a proposta do BNG para que non se cobrara polas tarxetas magnéticas que permiten o acceso á zona vella.