Recortes, reforma do réxime local e IBI da Igrexa, temas a debate no Pleno Municipal de Agosto
Este venres terá lugar o Pleno Municipal correspondente ao mes de Agosto, nel o BNG apresenta dúas mocións para o seu debate: unha sobre a reforma do réxime local e os recortes do goberno do estado e outra sobre a necesidade de revogar a excensión do IBI da Igrexa Católica para o pago dos correspondentes impostos por parte da institución relixiosa.
Os textos de ambas mocións poden consultarse aquí:
Contra o modelo centralista do PP [ Reforma do réxime local e Recortes Sociais ]
O BNG pide que a Igrexa pague o IBI