Xero, outra tomadura de pelo do PP
O Grupo Provincial do BNG considera que o anuncio efecturado polo representante da empresa Xero, a respecto da inviabilidade da fábrica de coches na nosa provincia, é a enésima tomadura de pelo a cidadanía feita polo Partido Popular.
QUEDA CLARO QUE A VISITA DO ANUNCIO, A POSIBEL UBICACIÓN DUNHA EMPRESA QUE ÍA XERAR CENTOS DE POSTOS DE TRABALLO, ERA UNHA CORTINA DE FUME MÁIS DAS MOITAS QUE BALTAR E O PP DE OURENSE TEN EFECTUADO AO LONGO DE TODOS ESTES ANOS.
Para o BNG esta nova non supón novidade algunha, por canto de xeito reiterado e sistemático vimos preguntando en cada Pleno, e ademáis, este anuncio non é un feito illado. Esta é un exemplo máis no rosario de incumprimentos flagrantes do Partido Popular: A cidade do motor de Verín, unha fábrica de tortillas e unha gran empresa cárnica na Limia, unha empresa de casas prefabricadas as cinco jotas en Cea, os avións non tripulados de Trasmiras, o campo de golf de Toén, etc son un clarísimo exemplo de utilización clientelar e electoral usado de xeito recurrente en cada proceso electoral.
Nese sentido, o BNG pídelle ao PP que realice "propostas serias" e non anuncios de proxectos sen o máis mínimo sostén económico e de viabilidade, porque en calquera momento, pero de xeito moi especial en tempos de crise resulta unha indecencia política xogar cos sentimentos e ilusións" dos/das ourensás, que están sufrindo nas suas carnes os rigores da crise e a falta de traballo, nunha provincia, que logo de máis de vinte anos de goberno da dinastía Baltar, segue a ocupar os últlimos postos dos rankings socio-económicos do Estado Español.
Ourense, 28 de agosto de 2012
GRUPO PROVINCIAL DO BNG