@S TRABALLADOR@S DE ECOURENSE VÍTIMAS DA INOPERANCIA DO GOBERNO DA CIDADE
O BNG considera inadmisíbel que as relacións da empresa Ecourense co Concello prexudiquen a@s traballador@s. Nas últimas horas a empresa ameaza con castigal@s sen a paga extra e a nómina do mes de xullo por mor dos incumprimentos do Concello.
Para o BNG, empresa e Concello deben resolver as súas discrepancias sen cargar sobre as traballadoras as consecuencias tanto dos problemas administrativos ou de pagos como dos incumprimentos contractuais. Ningún destes problemas pode derivar nun impago @s traballador@s que veñen realizando o seu traballo con normalidade.
A empresa debe cumprir as súas obrigas contractuais, e responder polos incumprimentos a través das penalizacións e multas recibidas, cantidade que supera xa os 300.000 . O Concello de Ourense pola súa parte debe pagar en tempo e forma os traballos realizados e velar tamén polos intereses e os dereitos d@s traballador@s.
O BNG pídelle á concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, que solvente a situación o antes posíbel para non crear incertezas e preocupación entre @s trabalador@s. E que se garanta, por parte do Concello de Ourense, que os problemas de xestión ou administrativos non recaen sobre os dereitos da clase traballadora, que é quen finalmente acaba pagando a mala xestión empresarial e a incapacidade política dos xestores municipais.