Esiximos o uso público das piscinas de Oira
O BNG esixe que o grupo de goberno de Ourense corrixa o incumprimento da concesión e obrigue á empresa Serviocio SL a cumprir as normas da concesión das piscinas de Oira para permitir o acceso a todas as persoas que queiran facer uso das instalación pagando o prezo da entrada.
Na documentación contractual, redactada no ano 2009 cando o nacionalista Fernando Varela era responsábel da área de Deportes, aparecía moi clara a distinción entre socio e usuario libre. No primeiro caso, os socios ou abonados completos podían facer uso das instalacións e servizos das poiscinas de Oira e do complexo deportivo do Vinteún mediante un abono mensual ou anual. No segundo caso, os ususari@s libres accedían as instalacións pagando unha entrada diaria.
Queda claro que as condicións fixan que calquera persoa pode disfrutar das piscinas abonando unha entrada polo que non se pode permitir que a empresa prohiba a acceso ás piscinas a tod@s aqueles que non son soci@s.
O BNG tamén quere apuntar que cando se acordou ceder a xestión das piscinas á unha empresa foi pola carencia de infraestruturas deportivas que había en Ourense onde os veciños e veciñas (máis de 120.000) só contaban cun complexo deportivo. Daquela, ano 2009, acordóuse sacar a concurso a construcción dun novo centro no barrio do Vinteún que tamén incluía a mellora das instalacións e a explotación das piscinas de Oira.
O BNG optou entón pola concesión co fin de garantir que fora servizo público porque para os nacionalistas a actividade deportiva é unha parte fundamental para garantir a saúde e o lecer dos cidadáns.