Seara: "Non todo vale para ter un titular ou unha foto de portada"

termas
O BNG criticou o estado de abandono das termas da cidade
Seara: "Non todo vale para ter un titular ou unha foto de portada"

O portavoz municipal do BNG, Luís Seara, lamentou o estado actual das termas da cidade sinalando como responsábeis ao anterior goberno local, PP, e ao cogoberno actual, PP-DO. Seara engadíu que "cando o obxectivo en política é a procura dun titular ou unha foto, acábase sendo imprudente ou facendo o ridículo".

"Os cargos públicos temos unha enorme responsabilidade á hora de trasladar a información. Temos o deber de contrastala para evitar crear alarmas sociais erróneas e perxudicar os intereses da cidade" sinalou o voceiro municipal do BNG. Asemade, sinalou que a polémica sobre as termas non existiría se o cogoberno local fora efectivo e dilixente á hora de trasladar a información aos grupos da oposición cando así o solicitan nas Xuntas de Área.

Sinalou tamén que o estado de abandono e deterioro das instalacións termais é evidente, "froito da inacción do Partido Popular durante o pasado mandato baixo anterior" e o actual cogoberno entre PP e Democracia Ourensana. "Non se pode vender Ourense Termal e ter as zonas termais nunha situación de descoido e abandono" sinalou Seara.

Dende o BNG agardan que, polo menos, o Partido Popular da Xunta de Galiza e da Deputación de Ourense, se comprometan co proxecto termal da cidade mais "ese compromiso a día de hoxe nin está nin se lle espera".

Sentido e cordura en momentos de loucura

"O salto de calidade no termalismo pasa por desenvolver os proxectos existentes que se aprobaron no seu momento" sinalou Seara. Indicou que non se pode realizar unha política pública con "padrenuestros" se non con "instrumentos que dean seguridade xurídica e compromisos orzamentarios claros e concretos". 

Seara: "Non todo vale para ter un titular ou unha foto de portada"