O BNG pídelle ao goberno local que teñan unha reunión urxente con ADIF

IMG_20190913_110254

As obras da estación están a provocar malestar nas veciñas e usuarias do tren

O BNG pídelle ao goberno local que teñan unha reunión urxente con ADIF

O portavoz municipal do BNG en Ourense, Luis Seara, e a vicevoceira do grupo denunciaron o caos que vive a día de hoxe o barrio da Ponte. Os concelleiros do BNG sinalaron que xenera un perigo para a seguridade das persoas e pediron que o concello actúe de maneira inmediata.

Seara comunicou na pasada Xunta de Área de Urbanismo o perigo das obras en torno á estación de tren do Empalme. Asemade, solicitou que se lle dera unha solución inmediata ante esta situación unha vez que se valizaron os pasos de peóns próximos á estación.

A día de hoxe segue sen haber cambios que disminúan ese potencial de inseguridade e o concelleiro de urbanismo afirmou que ADIF actuou de maneira unilateral sen contar co concello. "Non podemos agardar máis porque hai persoas con mobilidade reducida que pasan polo medio da rúa" sinalou Seara, voceiro municipal do BNG.

"O fluxo de persoas aumentou co comezo das aulas na universidade" apuntou o concelleiro do BNG. Asemade, solicítalle ao goberno local que manteña "xa unha reunión con ADIF para que a situación mude e poida ser moito máis segura para peóns e vehículos". 

Esta decisión supón a apertura inmediata dun dos pasos de peóns que fican máis preto da saída da Estación de Tren para unha mellora na circulación xa que as obras "van durar moitos meses" e as veciñas están "sufrindo as consecuencias dun proxecto intermodal que converte o centro de saúde nunha rotonda".

Alternativa: Estación Intermodal digna

"Tanto Partido Popular como Partido Socialista, defenderon nun momento determinado, defenderon o soterramento do AVE" sinalou o Seara. Explicou que o PP, cando chegou o goberno do Estado Español pasou a defender unha Estación que “é de todo menos intermodal”. “O PSOE tamén defendía o proxecto de Foster e cando chegou a Madrid xa lle valía ese pendello que deixou deseñado o Partido Popular” engadiu Seara.

Asemade, Seara reivindicou a figura do BNG nesta loita por teren defendido dende o comezo unha Intermodal digna. A organización nacionalista está en contra do proxecto vixente porque din que “non resolve a cuestión máis esencial como é superar a fractura histórica existente entre os barrios da Ponte e o Vinteún”.

O BNG pídelle ao goberno local que teñan unha reunión urxente con ADIF