Urxe correxir os desordes no tráfico na zona do Colexio das Josefinas
O Grupo Municipal do BNG urxe ao equipo de goberno que solvente os problemas que están a soportar os residentes na Rúa do Baño polo aparcamento incontrolado na zona do colexio das Josefinas.
Cando os nacionalistas tiveron responsabilidades na área de Tráfico a solución adoptada fora o control por parte da policia local ás horas de entrada e saída do colexio para que os coches estacionaran nunha ringleira no viaduto das Burgas. Con esta medida os veciños e veciñas na Rúa do Baño podían entrar e saír dos seus garaxes sen problema ao tempo que as nais e os pais que levaban aos fillos ao colexio podían parar perto do centro sen provocar molestias no tráfico.
O BNG pregunta por que se deixou de facer isto e se volveu a situación anterior, xerando de novo malestar entre os residentes na zona.
Por outra banda, a concelleira Susana García tamén pegunta por qué se está permitindo o acceso de vehículos á zona vella durante toda a tarde na zona do colexio das Carmelitas o que está a provocar desordes no tráfico e molestias para os viandantes e condutores que transitan pola zona vella de Ourense.