VALORACIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BNG DE OURENSE NA DEPUTACIÓN DE OURENSE DO PRIMEIRO ANO DO MANDATO 2023/2027

Xose Manuel Puga, Bernardo Varela, María Mangana
Xose Manuel Puga, Bernardo Varela, María Mangana

Bernardo Varela “A falta de maioría absoluta do PP levouno a cesións en algún dos puntos que históricamente viña reivindicando o BNG na Deputación Provincial de Ourense, con todo dende o BLOQUE entendemos que é preciso dar un salto nas políticas que se veñen desenvolvendo se se quer retomar o pulso das Comarcas Ourensás, e que este territorio non siga na súa longa noite de Pedra, provocada por anos de políticas clientelares do Partido Popular.”

VALORACIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BNG DE OURENSE NA DEPUTACIÓN DE OURENSE DO PRIMEIRO ANO DO MANDATO 2023/2027

Para o grupo provincial do BNG na deputación Ourense, transcorrido un ano do mandato 2023-2027, evidenciase a falta interés pola rexeneración da institución, e do territorio que xestiona, no que a pesar de avances no reparto de fondos ós concellos, froito da febleza organizativa e institucional e un apoio social cada vez máis minado e evidente ao PP de Ourense. Esta liña de reparto equitativo de fondos non foi aplicada o resto de actores da Provincia (asociacións, entidades, ...)

Así atopámonos, sinala o Bernardo Varela voceiro do grupo provincial de Ourense, con cambios no modelo de reparto de fondos do ente provincial que distan aínda do que dende o BNG consideramos debería ser un estandar do século XXI, unhas contas coas que non se pensa compensar os anos de desfeita económica que o PP provocou co seu modelo de reparto aos concellos de Ourense e que nos levou a unha calamitosa situación demográfica, económica  e social.

Tamén foi suficiente, continúa sinalando o voceiro nacionalista, un ano de mandato para evidenciar que determinadas prácticas do PP na Deputación sexa de Baltar ou de Menor,  se van manter no tempo, así o reflexan os Orzamentos cun gastos de funcionamento que superan o 60% o cal limita a capacidade de actuación por parte da institución. Outro obstáculo é o clientelismo na deputación provincial, que segue en boa medida a estar ó servizo do Partido Popular, como se se tratara dunha extensión das súas filas e non dunha institución pública o servizo dos intereses da cidadanía.

Desde o BNG entendemos que debe mudar a orientación das políticas provincias, que permitan por un lado unha maior autonomía aos Concellos, Entidades e Asociacións. Ao tempo que se prioricen campos de actuación que promovan o desenvolvemento do Territorio, sendo necesario reclamar ante as administracións supraprovincias (Xunta, Estado e Europa) o que en boa medida se nos ten negado o longo dos anos, sen que temble o pulso. “Impulsando políticas activas de aproveitamento en favor da sociedade Ourensá de recursos tan importantes como a enerxía e a posta en valor dos territorios agrícolas e gandeiros abandonados, así como a mellora das infraestructuras e os servizos.”

E nesto botamos de menos unhas políticas verdadeiramente reivindicativas  frente o Goberno da Xunta e incluso o do Estado. Sinalou Varela, que indicou que “O BNG seguirá a traballar por un maior protagonismo das comarcas e concellos de Ourense e a xestión dos recursos do territorio en favor dos seus habitantes.”

VALORACIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BNG DE OURENSE NA DEPUTACIÓN DE OURENSE DO PRIMEIRO ANO DO MANDATO 2023/2027