A A.VV das Lagoas pide a colaboración do BNG para renovar a canalización de auga no barrio

A A.VV das Lagoas pide a colaboración do BNG para renovar a canalización de auga no barrio

Nunha xuntanza mantida onte na A.VV das Lagoas, o Grupo Municipal apoiu as demandas veciñais que solicitan a renovación da canalización de auga no barrio.

A infraestrutura, contruída en fibrocemento, ten máis de 40 anos e as roturas son contínuas. Comentaban que na rúa Faílde Gago se produciran 17 roturas nos últimos 3 anos feito que causa prexuizos para as veciñas e veciños máis tamén para o Concello porque co que levan gastado en arranxar as tuberías terían feito a renovación de todas as canalizacións do barrio.

As veciñas e veciños, logo de dirixir escritos ao Concello para denunciar a situación e visto o escaso éxito das súas reivindicacións, van iniciar unha recollida de sinaturas que sumada ao apoio do BNG esperan obter resposta a curto prazo.

A A.VV das Lagoas pide a colaboración do BNG para renovar a canalización de auga no barrio