O BNG pide que en Ourense se prohíban os circos con animais
Declarar Ourense cidade libre de circos con animais é outra das iniciativas que o BNG presentará no pleno a desenvolver este vernes.
O Grupo Municipal pide que a nosa cidade se sume a outros concellos da Galiza Vigo, Cangas, Betanzos, Ares, Vedra, etc- que xa aprobaron ordenanzas que prohíben a realización de espectáculos con animais en catividade.
Con esta proposta, os nacionalistas súmanse ás demandas de moitos colectivos, asociacións e cidadáns preoucupados polas condicións de vida ás que son sometidos os animais, condicións que non hai que imaxinar senón que se poden apreciar simplesmente achegándose aos circos.
Iria Justo, representante dos cidadáns que se opoñen a este tipo de espectáculos, afirmaba que a vida no circo conleva privación de liberdade porque os animais no seu medio natural percorrerían miles de kilómetros. Pasan a maior parte do tempo pechados en gaiolas e incluso encadeados para que non tenten fuxir. Nun estudo feito recentemente conclúese que os ponis pasan amarrados o 96% do día, os tigres e leóns están dentro das gaiolas entre o 75 e o 99% e os elefantes encadeados entre o 58 e 98% do día.
A asociación ecoloxista Adega é unha das que apoian a iniciativa do BNG. Gonzalo Blanco apuntou que os animais viven diariamente con angustia e sufrimento porque para seren adiestrados reciben golpes, descargas eléctricas ou son sometidos ongos períodos de fame. Porén, estas ferramentas son adornadas despois, cando están de cara ao público, con flores e guirnaldas.
Segundo a concelleira, Ximena González, non se pode manter un animal en catividade, sometelo a traslados contínuos que lle impidan viver nun medio axeitado e pretender reeducalo para empregalo como divertimento social. Debemos contribuir á educación dos nosos fillos amosándolles outro tipo de espectáculos.
Ourense é, ademais, unha cidade históricamente ligada ao circo de acrobacia . Ximena González, manifestou que o BNG defende a tradición do circo, respétaa e valóraa por iso a conciencia colectiva empeza a ser consciente de que o circo de calidade non é o que amosa animais senon as habilidades de persoas que levan toda a vida adicándose, pola súa vontade, ao mundo do espectáculo. Este espectáculo si que amosa unha realidade e un punto de vista educativo para os nenos e as nenas.
O BNG espera que a moción sexa aprobada e que a partir de agora o Concello non só se limite a dar os permisos para ocupar o espazo público senón que se prohíba no termo municipal a instalación de circos ou espectáculos que empreguen animais en cautividade para o divertimento da xente.