O BNG pide unha reunión urxente co Conselleiro de Economía e Industria sobre T-Solar
Francisco Jorquera, Carme Adán e Tereixa Paz en nome do BNG presentaron este luns 22 de xullo unha iniciativa na no parlamento galego na que urxen unha entrevista ao Conselleiro de Economía e Industria para darlle unha solución ao conflicto de T-Solar.
Para Tereixa Paz 'É necesario garantir o mantemento da actividade da fábrica e dos 170 postos de traballo' e cómpre que a Xunta de Galiza dé conta do estado das negociacións, toda vez que non se ten coñecemento de avances significativos nas últimas semanas.
Tereixa Paz, que pasará unha noite máis pechada c@s traballador@s, daralles conta de esta nova iniciativa do grupo parlamentar do BNG esta mesma tarde ás traballadoras que permanencen pechadas na fábrica.
[ Petición de reunión urxente co Conselleiro de Economía e Industria pola situación de T-Solar ]
Ourense, xullo 2013