Nas canteiras de lousa en Valdeorras: industria e paisaxe

Nas canteiras de lousa en Valdeorras: industria e paisaxe

O venres Noa Presas, cabeza de lista do BNG ao Congreso por Ourense, estivo no Barco visitando con Sofía Carril, Daniel Calvo e Suso Vilasánchez -compañeiras e compañeiros da candidatura- as canteiras de lousa. Camiño de Casaio, contaron que cerca de 40.000 persoas viven directa ou indirectamente desta industria nas comarcas da contorna.

Tamén, que a riqueza mineira creou unha sorte de economía de monocultivo e un impacto ambiental e paisaxístico inda por resolver. De volta, paramos nas aldeas de Fervenza e O Meiral. Nunha zona rica como esta, o despoboamento tamén deixa a súa pegada. O monte ten usos que se foron abandonando e que calquera administración con visión de país debería recuperar. O BNG quere estar en Madrid para reclamalo.

Esta mañá Noa Presas falará sobre as propostas do programa do BNG para as eleccións do 26X en relación a cuestións que afectan a Valdeorras. Ourense, 7 de xuño de 2016

Ligazón á entrevista do xornal O Sil con Noa Presas:

http://www.osil.info/nosa-mellor-carta-de-presentacion-son-respostas-reais-problemas-reais/

4

2 8 7

Nas canteiras de lousa en Valdeorras: industria e paisaxe