O BNG propón medidas para sacar a Ourense da situación de emerxencia social

O BNG propón medidas para sacar a Ourense da situación de emerxencia social

 

A candidata número 1 do BNG-Nós ao Parlamento Galego por Ourense, Noa Presas, presentou a candidatura acompañada de Xesús Vilasánchez (número 2), Sofía Carril e militancia e simpatizantes da comarca.

 

 

 

 

 

Presas sinalou que “as propostas políticas do nacionalismo teñen que ver con mellorar as condicións de vida das persoas; onte e hoxe a nosa prioridade é poñer fin ás políticas do PP que condenaron historicamente a Valdeorras e a toda Ourense á cola das estatísticas de progreso e á cabeza das estatísticas de empobrecemento, despoboamento e desemprego”.

 

 

 

 

 

A candidata insistiu en que esta situación de emerxencia e o momento político no que estamos fan que estas non sexan unhas eleccións máis “deben ser as eleccións nas que o nacionalismo sexa determinante para condicionar cambios profundos e esixa para Galiza un novo estatus político no que teña máis capacidade de decisión”. Neste sentido, Presas avanzou que de conseguirse o novo modelo de financiamento que reclama o BNG Galiza recadaría ata 3000M€ para investir, por exemplo, e dotar como corresponde a área sanitaria de Valdeorras e estabelecer un fondo de axudas  ás situacións de emerxencia por cuestións climáticas como é o caso dos produtores de viño.

 

 

 

 

 

Así mesmo, puxo en valor unha candidatura “elaborada desde o asemblearismo e representativa das diferentes comarcas da provincia e dos sectores e movementos sociais que defende o BNG, desde a mocidade á sanidade pasando polo ensino, o mundo do traballo, o rural e a representación do incansábel traballo do nacionalismo nas entidades locais para mellorar a vida da veciñanza” e animou aos veciños e veciñas da comarca a “escoitar as propostas do BNG e confiar en nós porque garantía de combater a desertización de Ourense con alternativas de igualdade, traballo e dignidade”.

 

 

 

 

 

O número 2 da candidatura, Xesús Vilasánchez, traballador da sanidade, puxo en valor o traballo do nacionalismo sindical e político da comarca na consecución de solucións para os problemas reais das persoas e na loita contra o desmantelamento do Hospital de Valdeorras. Ourense, 18 de agosto, 2016.

 

O BNG propón medidas para sacar a Ourense da situación de emerxencia social