O BNG abandona o Pleno do Concello farto da perversión no debate por parte do Alcalde
O Grupo municipal nacionalista abandonou a sesión desta mañá acusando a Jácome de pervertir o debate e de “empregar a persoal externo á Corporación cando non ten argumentos políticos para rebatir aos do BNG”. Luís Seara sinala que “non é a primeira vez que acontece e non podemos permitilo”