Novas
Luís Seara, Portavoz municipal do BNG

O BNG esixe solucións inmediatas ao Goberno Local ante os impagos a parte do persoal do Concello, consecuencia “dunha situación que o propio Goberno creou e do que é único responsable”

Desde a formación nacionalista solidarízanse con todas aquelas empregadas e empregados públicos que “a día de hoxe e por culpa da incapacidade do actual Goberno Local á hora de xestionar un problema que eles mesmos crearon, non están percibindo as cantidades correspondentes ao traballo realizado”

Ler novas
Noa Presas, deputada do BNG por Ourense ás portas do CHUO

O BNG urxe á Xunta de Galiza a tomar medidas para garantir a cobertura con suficiente persoal no Servizo de Urxencias do CHUO

A Deputada Noa Presas lembra que o CHUO “actúa para moitos ámbitos como hospital de referencia para máis de 300.000 persoas de toda a provincia. Por estes motivos, é necesario que o Goberno galego tome medidas relativas á situación do Servizo de Urxencias do CHUO”

Ourense merece un Hospital de primeira e o Partido Popular estanos deixando un Hospital de campaña”

Ler novas
LUIS SEARA, Portavoz municipal do BNG

O BNG vincula o cesamento dos máximos responsables da fiscalización económica municipal ao intento do Goberno Local de tapar a grave situación económica na que se atopa o Concello de Ourense

Desde o Grupo municipal nacionalista sinalan que o obxectivo do Goberno Local co cesamento dos máximos responsables da fiscalización e o control económico do Concello “é poder tirar cara diante sen ningúen que cuestione o que se fai. Preténdese tapar a grave situación económica na que se atopa a día de hoxe o Concello de Ourense”

Ler novas
Luís seara, Rhut Reza, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco

O BNG denuncia que a Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ourense “confirmou esta mañá o desmantelamento da maioría dos programas e servizos desta Área de Goberno”

Na Xunta de Área celebrada esta mañá, o Goberno Local confirmou que non hai ningún avance na adhesión ao programa da Xunta “xantar na casa”, que non se está a traballar na renovación do SAF, que expira en novembro, que se fecharán todas as UNIS, que se eliminarán as axudas ás entidades do terceiro sector por concorrencia competitiva e que non haberá programa de conciciación nos Centros Cívicos durante este verán

Ler novas
GFHOoyRX0AAvxZ_

O BNG pide que o Consello Municipal de Deportes se dirixa á Xunta para reclamarlle solucións ás múltiples eivas existentes no Estadio do Couto pese á reforma levada a cabo recentemente

Desde o Grupo municipal do BNG entenden que a reforma levada a cabo polo Executivo galego e no que se investiron preto de dous millóns de euros, “non resolveu as deficiencias da instalación tal e como xa advertimos no momento de coñecer o proxecto”

Os nacionalistas promoveron este venres, na reunión semanal do CMD, “a necesidade de que se lle traslade á Xunta de Galiza o descontento municipal por unha reforma moi pouco acaída, que deixa moito que desexar e que mesmo xera novos problemas que antes non había”

Ler novas
Rhut Reza, luís Seara e Erea Blanco en rolda de prensa

O BNG advirte que as reclamacións das empresas concesionarias do Concello de Ourense “superan amplamente os 25 millóns de euros”

O Consello Consultivo de Galiza certifica o avanzado polo BNG no mes de xaneiro en relación ás reclamacións económicas da concesionaria do servizo de recollida de lixo ECOURENSE e as cales ascenden a un total de 4.784.661,68 de euros entre 2022 e 2023. No ditame emitido polo Órgano Consultivo, danse por bos os argumentos esgrimidos pola concesionaria e desbótanse os da Asesoría xurídica do Concello

Ler novas