sanidade
Novas
Noa Presas, deputada do BNG por Ourense ás portas do CHUO

O BNG urxe á Xunta de Galiza a tomar medidas para garantir a cobertura con suficiente persoal no Servizo de Urxencias do CHUO

A Deputada Noa Presas lembra que o CHUO “actúa para moitos ámbitos como hospital de referencia para máis de 300.000 persoas de toda a provincia. Por estes motivos, é necesario que o Goberno galego tome medidas relativas á situación do Servizo de Urxencias do CHUO”

Ourense merece un Hospital de primeira e o Partido Popular estanos deixando un Hospital de campaña”

Ler novas
Novas
Foto_Iago_Tabares_24_11_2023

O BNG cuestiona a nova ubicación das dependencias do Servizo de Doazón de sangue ubicadas na Praza Paz Nóvoa de Ourense

O deputado Iago Tabarés chama a atención sobre que o local do Servizo de doazón de sangue esté fora do CHUO, nunha céntrica praza de Ourense con limitación á circulación de vehículos a motor, e nun inmoble de titularidade privada contratado en réxime de aluguer

Advirte que son numerosos tanto as profesionais, como as doantes que consideran necesario que os Servizos de doazón de sangue e órganos estean nas instalacións do CHUO, tanto para a axilizar a xestión das eventuais emerxencias, o transporte dos produtos farmacéuticos ou para facilitar o aceso das doantes

Ler novas
Novas

Seguridade e sanidade, a pleno da man do BNG

Na formación nacionalista entenden moi necesario que o Concello de Ourense, terceiro concello máis grande e importante do país, conte cun Plan de Emerxencias Municipal que permita en caso de catástrofe ou emerxencia, dotar dunha guía de actuación tanto aos medios intervintes como á propia poboación no seu conxunto

En sanidade, solicitarán apoio do resto da Corporación para esixir á Xunta de Galiza que adopte todas as medidas necesarias para corrixir a situación límite na que se atopa actualmente o persoal do Complexo Hospitalario

Ler novas