A CANDIDATA DO BNG POR OURENSE PARTICIPOU NUN REPARTO INFORMATIVO EN RIBADAVIA XUNTO A ANA PONTÓN, CANDIDATA Á PRESIDENCIA DA XUNTA

A banca pública galega servirá para potenciar a economía social

IMG_9514
IMG_9514

Dotémonos de instrumentos para xestionar os nosos recursos e definamos as prioridades: a mocidade, o acceso das mozas e mozos ao emprego e o retorno dos que tiveron que marchar son unha delas.

A banca pública galega servirá para potenciar a economía social

Noa Presas, cabeza de lista do BNG por Ourense, insistiu esta tarde en Ribadavia na necesidade de que o goberno do país dispoña de institucións propias, coma unha banca pública, para promover proxectos como o Plan Retorna a través do cal o BNG pretende conseguir á volta a Galiza da xente moza que está na emigración. “Unha banca pública pode prestar atención as necesidades de financiamento de colectivos ata agora excluídos pola banca privada”, dixo Presas, e engadiu: “A banca pública servirá para potenciar proxectos de emprego xuvenil e o emprendemento mediante empresas de economía social”.

Noa Presas participou en Ribadavia, xunto a Ana Pontón, candidata do BNG á Presidencia da Xunta, nun reparto informativo polo centro da vila, coincidindo coa presenza da Caravana da Mocidade, organizada por Galiza Nova e que durante estes días recorrerá a provincia de Ourense.

Pola mañá, Presas abriu o acto nacional do BNG en Rianxo cun chamamento “a ese pobo que non se rende e que defende o que é seu" para que se dote de representantes "nos centros de poder, alá onde se toman decisión, e facelo sen intermediarios".

O BNG reivindica para a comarca do Ribeiro un plan de investimento na reestruturación das viñas, así como melloras nos accesos ás viñas e a promoción da incorporación de viticultores novos. Tamén lembra a necesidade de acelerar a apertura de equipamentos básicos, como o centro de saúde de Ribadavia e o centro de día en Leiro. Ribadavia, 3 de setembro

A banca pública galega servirá para potenciar a economía social