DISCURSO DE NOA PRESAS NO ACTO DE HOXE EN RIANXO POR UNTEMPONOVO

Discurso de Noa Presas no acto de hoxe en Rianxo por #UnTempoNovo

noa Rianxo
noa Rianxo

 Noa Presas no acto de hoxe en Rianxo

Discurso de Noa Presas no acto de hoxe en Rianxo por #UnTempoNovo

Recordaba estes días, cando nos dixeron que íamos estar en Rianxo, os discursos de Castelao sobre a emigración. E recordaba que a miña nai sempre me contou que ella non os descubriu en Ourense, descubriunos alá en Suíza, onde estaba co resto da miña familia, prácticamente toda a miña aldea viaxara no mesmo tren. Descubríronos alá nos círculos, aqueles lugares nos que se reunían persoas de diferentes Estados, que non nacións, para compartir as súas inquedanzas. E a miña sempre me recordaba de pequena como eles eran recoñecidos popularmente como 'os galegos'. Pero ollo, eran os galegos de abaixo. Eses galegos expulsados por outros autodenominados galegos, que os botaban fóra dun país farturento. Alá, na emigración, moitos tomaron conciencia da importancia de gobernar nós a nosa terra e da importancia de estar sempre nos centros de decisión.

Hoxe, os seus fillos, as súas netas, os amigos daqueles que están fóra, loitamos por ter un futuro diferente, un tempo novo, aquí na Galiza. Somos sen dúbida un pobo trotamundos, un pobo de vocación internacional e internacionalista, que leva xente fóra pero tamén a trae e a acolle coma unha máis. Por iso Galiza tamén ten que estar presente internacionalmente e representarse a si mesma no mundo.

É fundamental representarnos a nós mesmos nos centros de poder, alá onde se toman decisión, e facelo sen intermediarios.

Un compañeiro da época do bipartito tivo que ir a Madrid defender os intereses do país nunha cuestión do viño. E conta como non se veu de alí ata que non tivo resolto o problema, e que lle dicían: 'como sodes os galegos'.

Os galegos. Ese tipo de galegas e galegos coma os que partillan comigo esta candidatura do BNG somos os que temos que representar a Galiza no Parlamento e no mundo. A ese pobo que non se rende e que defende o que é seu, a ese pobo que loitará nun marco, coma o que se abre, por defender a nosa produción e a nosa xente. E facelo de maneira efectiva e leal.

 

Discurso de Noa Presas no acto de hoxe en Rianxo por #UnTempoNovo