Mobilización masiva en Ourense fronte as políticas do PP
O BNG participou cunha numerosa comitiva na Manifestación do 19 de Xullo que foi histórica para a cidade de Ourense.
A insumisión da cidadanía ante os recortes laborais e sociais e as medidas económicas que esta a aplicar o goberno do Partido Popular foron máis intensas que nunca na cidade, e o percorrido da manifestación estivo cheo de reivindicacións e críticas ao PP.
As rúas falaron e presentáronlle ao goberno de Feijóo unha moción de censura rexeitando as políticas de austeridade e control do gasto que están a afogar o país e a cidade de Ourense.