PRESAS ADVERTIU QUE DISCUTIR SOBRE OS DATOS E A ESTACIONALIDADE É CONTRIBUÍR A CONFUSIÓN COA QUE O PP PRETENDE ESCONDER QUE A ECONOMÍA DA MAIORÍA NON SÓ VAI MAL, SENÓN QUE VAI A PEOR

Noa Presas: “Mentres non se garanta a subsistencia aos desempregados non se debería falar doutra cousa”

BNG Paderne
BNG Paderne

A candidata do BNG fixo estas reflexións ao comezo dun acto aberto en Paderne de Allariz no que chamou á militancia e aos simpatizantes dos concellos da bisbarra de Ourense a desenvolver unha campaña nas rúas e en contacto con esa veciñanza que ve no Bloque un partido comprometido e leal co país.

Noa Presas: “Mentres non se garanta a subsistencia aos desempregados non se debería falar doutra cousa”

O BNG promoverá unha ampliación e aumento das rendas destinadas a subsidiar ás persoas e fogares sen ningún tipo de ingresos como media urxente e prioritaria do próximo goberno galego”, subliñou Noa Presas, cabeza de lista por Ourense ao Parlamento Galego na súa valoración do desemprego rexistrado en agosto. Presas advertiu que discutir sobre os datos e a estacionalidade é contribuír a confusión coa que o PP pretende esconder que a economía da maioría non só vai mal, senón que vai a peor. A candidata engadiu que “mentres non se garanta a subsistencia aos desempregados non se debería falar de outra cousa”.

Noa Presas chamou a atención respecto da imparable caída da taxa de cobertura, que a nivel estatal cae ata o 57%; é dicir, catro de cada dez desempregados non recibe ningún tipo de axuda.

A candidata do BNG fixo estas reflexións ao comezo dun acto aberto en Paderne de Allariz no que chamou á militancia e aos simpatizantes dos concellos da bisbarra de Ourense a desenvolver unha campaña nas rúas e en contacto con esa veciñanza que ve no Bloque un partido comprometido e leal co país. Respecto das condicións de vida en concellos como Paderne, San Cibrán, Pereiro ou Esgos, dixo Presas que estas poboacións “sofren especialmente polos recortes nos servizos básicos porque son concellos envellecidos”, e salientou tamén a falta de equipamentos destinados á mocidade. “Imos vendo os efectos da eliminación de escolas no rural, os centros escolares acaban convertidos en residencias para maiores”. O BNG, lembrou Presas, pretende recuperar o nivel dos servizos públicos no rural a través da potenciación do papel da Xunta nas comarcas, incluíndo a recuperación de escolas no rural.

Noa Presas participará mañá sábado nun acto nacional en Rianxo e pola tarde, a partir das 19:30, acompañará a Ana Pontón na presentación en Ribadavia da candidatura por Ourense. Ourense, 2 de setembro de 2016

 

...

 

Noa Presas: “Mentres non se garanta a subsistencia aos desempregados non se debería falar doutra cousa”