T-Solar é unha empresa viábel e a Xunta debe apostar por manter todos os postos de traballo
Os nacionalistas creen que é unha empresa viábel e a Xunta debe apostar pola súa contiuidade
É precisa a intervención do goberno galego, dende o ámbito financieiro e político, para manter os 170 postos de traballo da empresa T-Solar.
Logo de varias iniciativas do BNG no Parlamento de Galiza, o grupo municipal de Ourense pedirá o venres o apoio da corporación para instar á Xunta a manter a actividade da empresa e a totalidade dos postos de traballo avalando proxectos empresariais solventes que garantan a viabilidade da planta.
Apuntaba a concelleira nacionalista, Ximena González que anque as administracións locais non teñen competencias neste conflicto, sí teñen, con esta iniciativa, a oportunidade de paliar o alto nível de desemprego que ten Ourense -por riba da media nacional e estatal-.
As peticións do BNG tamén se dirixen ao goberno español para que anule o decreto que suprime as primas ás enerxías renovabeis o que supuxo un pé no pescozo ao sector en Galiza e cocretamente á empresa T-Solar. Neste aspecto, a deputada Tereixa Paz pídelle ao goberno de Núñez Feijóo que abandeire a reclamación para que se repoñan as primas cuxa supresión só serviu para potenciar e favorecer ás grandes empresas eléctricas.
Tereixa Paz tamén fixo fincapé na grande preocupación que ten o BNG polo deterioro económico da provincia de Ourense, deterioro acrecentado agora pola situación dunha das maiores empresas da provincia. Aseverou que é difícil entender cómo unha empresa punteira no ámbito da innovación con posibilidades de futuro se ve abocada ao peche polo que reclamaou a intervención da Xunta para estudar as ofertas de empresas que están interesadas en facerse coa planta.