A última viaxe do Afiador, protagonista do Pregón das Festas 2012
A pouco máis dunha semana para que Ourense celebra as súas Festas Maiores, a concellaría de Cultura vén de presentar os detalles de como será o pregón inaugural deste ano, centrado na figura dos afiadores. Armando Alvárez, afiador e paragüeiro de 76 anos de idade, arribará a Praza Maior de Ourense este 25 de xuño, logo de dez días de viaxe camiñando e afiando por Palencia, Burgos, Valladolid, Madrid A súa chegada á cidade será o punto de arranque das festas de Ourense, o caluroso recibimento e homenaxe das veciños e veciñas que quedará rexistrado pola equipa de A última viaxe do Afiador, a película documental que Aitor Rei está a gravar ao redor desta viaxe de volta.
O propio espéctaculo do pregón serán as imaxes finais desta cinta. Na doble presentación do Pregón das Festas 2012 e a película, que conta co apoio e patrocinio da Concellaría de Cultura, déronse cita hoxe na Praza Maior a equipa de gravación do filme xunto coa concelleira de Cultura, Isabel Pérez, así como algúns dos participantes na programación do pregón: o Mago Teto, que ofrecerá un espectáculo de maxia ao redor da figura dos afiadores, e os actores Candido Pazó e Avelino González, encargados dunha sesión de contacontos e monólogos. O Salón de Plenos acolleu de seguido as intervencións da equipa de A Última Viaxe do Afiador, nunha rolda de prensa na que estiveron presente a edil do BNG Isabel Pérez, o director do filme, Aitor Rei, o encargado da documentación e arquivo do documental, Florencio de Arborio (experto e apaixoado do mundo do afiador, posuidor dunha colección única de rodas de afiar con máis de 200 pezas) e o propio protagonista, Armando Álvarez. Este último manifestou a súa profunda emoción pola oportunidade que o filme lle deu de volver sobre os pasos da viaxe que empredeu hai case 50 anos, cando apenas maior de idade deixaba a súa aldea de Sanxurxo cara a Madrid unhas terras polas que non volvin desde aquela viaxe.
Pola súa banda, Isabel Pérez aplaudiu a reinvindicación que o filme de Rei fai dunha figura perfectamente definida no imaxinario colectivo ourensán, uns traballadores que foron embaixadores á forza e que agora cómpre lembrar e recuperar para a cidade. Nesta liña, o propio director do filme, Aitor Rei, explicou que se unha figura así existira nos EUA xa se tería feito milleiros de filmes ao respecto, é preciso que nós, desde os nosos medios, exploremos e reinvindiquemos o noso pasado e tradición, dándolle así presencia e futuro. Respecto á xornada do dia 25, será un día de festa continua co que Ourense se prepara para inaugurar de xweito oficial unha das súas citas festivas máis importantes do ano, unha tarde repleta de actividades mentres Ourense agarda a chegada do afiador, pregoeiro das Festas 2012.
Equipa de A Última Viaxe do Afiador
Aitor rei - Director
Florencio de Arborio - Documentación e arquivo histórico
Anxo Graña - Banda sonora
Miguele Martínez - Deseño e dirección de foto
...e por suposto, Armando Álvarez, afiador
+ info www.bonecalareta.org
Ourense, 13 de xuño de 2012.