O alcalde de Barbadás defrauda a facenda 208.000 e oculta o seu patrimonio e a súa orixe
Co gallo da publicación na revista Interviú da posible acumulación de bens inmobles (baixos, pisos, locais comerciais) do Sr. Freire Couto relacionado co crecemento urbanístico en Barbadás e da súa relación co xerente da construtora Mahía-Maexpa, imputado por fraude fiscal, o alcalde decidíu convocar un pleno extraordinario urxente o día 26 de febrero deste ano.
No transcurso do pleno, celebrado na Casa do Concello ás sete da tarde, e ao que o alcalde convocou funcionarios públicos, traballadores do concello e familiares, coa clara intención de intimidar e coaccionar aos concelleiros e concelleiras da oposición, o Sr. Freire Couto comunicou que ía explicar polo miúdo a orixe do seu patrimonio. Da información que prometeu dar, e que figura no cadro de abaixo, non deu ningunha...
Podedes ler toda a información na REVISTA EDITADA POLO BNG EN BARBADÁS