O Alcalde non coñece o organigrama do persoal do Concello

O Alcalde non coñece o organigrama do persoal do Concello

O Grupo Municipal do BNG leva meses solicitando información sobre o organigrama de persoal dos diferentes servizos municipais para coñecer a dotación técnica dos servizos e as posibilidades de afrontar con personal propio servizos como a apertura do Espazo Lusquiños da Mocidade entre outros. A resposta por parte do goberno é non facilitar esta información aos grupos nunha política de ocultación impropia de sistemas democráticos.

logoBNGAo igual que outros grupos políticos o BNG solicitou dende hai meses na Xunta de Área de Servizos Xerais que se facilite información sobre a composición do persoal dos servizos municipais, coas funcións que realizan e a estructura de cada servizo, a resposta do grupo de goberno foi remitir aos grupos a unha RPT que o BNG xa ten denunciado desfasada e que non se axusta á realidade do funcionamento do Concello nas súas diferentes áreas.

O BNG denuncia a complexidade de elaborar propostas e aportar solucións aos problemas derivados da mala xestión do goberno cando este non facilita e oculta a información que se solicita. En palabras da concelleira Ximena González “o goberno ou nos oculta a información ou o que é aínda peor, non a coñece” o que supón para as nacionalistas “un grave problema que non ten que ver só coa xestión da concellería de personal. Non se poden facer políticas públicas sen saber con que recursos materiais e humanos se contan.”

Ximena González denuncia que “non é admisíbel que unha representante pública non poda coñecer de xeito inmediato cando o pregunta cales son os recursos humanos do Concello e como se distribúen, o BNG denuncia a mala xestión mas tamén traballa para facer propostas que permitan mellorar a vida das veciñas, que non nos den información non é que dificulte o noso traballo é que atenta contra o dereito da cidadanía a que as súas representantes realicen a labor para a que foron escollidas” e engade “nestes momentos ningún grupo da oposición pode decir que coñeza o número de empregadas públicas do Concello e non é porque non preguntemos e pidamos información en numerosas ocasións, non se nos informa de como se distribúen nos servizos e as funcións reais que desenvolven, hai persoas adscritas a servizos que levan anos desenvolvendo a súa función noutro”.

Conclúe Ximena González “agora se nos empraza a unha nova RPT, que como todo neste Concello veremos cando chega, mas o problema é que o goberno non parece saber cal é a distribución do persoal do Concello. Teño serias dúbidas sobre que un Alcalde poda presumir de nada na súa xestión cando descoñece a estrutura de persoal coa que ten que desenvolvela. Alguén pode crer que é normal que non se nos diga, que a cidadanía non poda coñecer o número exacto de traballador@s e a estrutura dos servizos municipais?”

As nacionalistas solicitaron hoxe novamente, esta vez por escrito pois non se convocou Xunta de Área de Servizos Xerais, a información ao goberno, algo que debera ser un mero trámite de información aos grupos e que no Concello de Ourense se convirte nunha carreira de obstáculos dende hai meses.

O Alcalde non coñece o organigrama do persoal do Concello