Ampliación do prazo das ITE en marcha grazas ao BNG

Ampliación do prazo das ITE en marcha grazas ao BNG

A moción aprobada a proposta do BNG no pleno de decembro pola que se pedía, entre outras cousas, unha ampliación do prazo de realización das ITE xa esta a dar os seus primeiros pasos coa aprobación en Xunta de Goberno Local do 27 de decembro de 2012 desta ampliación.

Esta ampliación responde á proposta do BNG que recolleu as peticións d@s veciñ@s de máis tempo para as inspeccións pois a falta de información sobre os prazos e a difícil situación económica que viven Ourense e Galiza dificultou na maior parte dos casos proceder á realización das Inspecións Técnicas no prazo definido na ordenanza correspondente.

En base a isto o BNG propuxo no Pleno de decembro, non só unha ampliación de prazo para as ITE senón a posta en marcha de axudas para a realización das mesmas e incluso das obras que se podan derivar das inspeccións.

Este 27 de decembro aprobouse a ampliación do prazo. O BNG traballará para que o resto de propostas aprobadas en pleno se poñan en marcha na maior brevidade posíbel por parte do goberno municipal

Estos foron os acordos tomados:

ACORDOS

1. Prorrogar ate o 31 de decembro de 2013 o prazo límite para a realización da I.T.E. dos edificios construídos antes de 1911 e obrigados á presentación da mesma.

2.Aprobar unha Ordenanza reguladora das bases polas que se outorgarían axudas ás persoas propietarias ou inquilinas de reducida capacidade económica para a realización das inspeccións técnicas de edificacións.

3.Establecer como criterio xeral de concesión das axudas o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) per cápita da unidade de convivencia e como criterio específico de prioridade a acreditación dos efectos que a crise económica ocasionou nesas unidades de convivencia.

4.Habilitar os fondos necesarios nos orzamentos de 2013 para cubrir estas axudas que alcanzarían nos casos de maior necesidade ata o 50% do importe das facturas realizadas polos técnicos competentes.

5.Estudar a posibilidade de inserir nos orzamentos de 2013 novas axudas para a execución de obras derivadas das inspeccións realizadas con resultado desfavorable.

Grupo Municipal do BNG

Xaneiro 2013

Ampliación do prazo das ITE en marcha grazas ao BNG

Este sitio usa cookies propias e de terceiros para desenvolver información estatística e amosar publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise da súa navegación. Mais detalles >