Partido Popular e Democracia Ourensana contra o galego
O episodio máis lamentábel do pleno municipal tivo lugar en torno a esta moción, cando o representante de Democracia Ourensana insultou ás concelleiras do BNG, á propia organización e desprezou a lingua galega con expresións como me la pela ou me la suda lo que el bloque presente. Alén disto, a presentación desta moción foi o momento escollido por varios membros do pleno que se ausentaron durante varios minutos. Parece ser que o tema non era o suficientemente importante como para que permanecesen non seus asentos ou ben se puxeron de acordo para boicotear a súa exposición.
Unha mostra máis do necesario que é a defensa da lingua galega e do traballo de sensibilización que cómpre facer no Concello de Ourense para que se cumpra a normativa referente ao seu uso por parte das representantes públicas.
O BNG aceptou unha emenda do PSOE que reclamaba o cumprimento da ordenanza municipal sobre normalización lingüística (que hoxe non cumpre o propio grupo de goberno polo que se lle reclamou o seu cumprimento) e a moción aprobouse cos votos en contra de Partido Popular e Democracia Ourensana.