O BNG solicita unha Xunta de Portavoces para que Jácome “dea todas as explicacións en relación á rotura das negociacións pola reapertura da Praza de Abastos nº 1”

Luís Seara, Portavoz do BNG no Concello de Ourense
Luís Seara, Portavoz do BNG no Concello de Ourense

O Grupo municipal do BNG considera necesario que o Alcalde “compareza e explique os motivos que o levan a tomar a decisión de romper as negociacións coa Xunta e a condenar á veciñanza e aos praceiros e praceiras a continuar ocupando o espazo da alameda”

O BNG solicita unha Xunta de Portavoces para que Jácome “dea todas as explicacións en relación á rotura das negociacións pola reapertura da Praza de Abastos nº 1”

Ourense, 21 de marzo de 2025. A través dunha nota de prensa, o Concello de Ourense anunciaba esta mañá a súa intención de “concluír sen acordo as negociacións sobre a Praza de Abastos” ao entender que “temos cedido en decenas de parámetros, pero entendemos que hai un punto onde xa se comezaría a danar o interese xeral da cidade de Ourense e do seu patrimonio, e dese punto non podemos pasar”.

O Portavoz do Grupo municipal do BNG Luís Seara, amósase “sorprendido” polo anuncio do Goberno Local e polo feito de que “non se ofreza ningún tipo de explicación sobre cales son esas razóns que, segundo Jácome, poderían danar o interese xeral”.

Motivado polo anterior e considerando necesario que o Alcalde “dea todas as explicacións sobre unha decisión que, contribúe a retrasar aínda máis o traslado das praceiras e praceiros ao edificio da Praza e polo tanto retrasa aínda máis a recuperación da alameda para o conxunto da veciñanza”, o BNG solicita a convocatoria dunha Xunta de Portavoces “na que se explique que é o que aconteceu para adoptar esta decisión e que pasos se pensar dar a partir de agora”.

IMG_6954
Praza de Abastos nº1 de Ourense
O BNG solicita unha Xunta de Portavoces para que Jácome “dea todas as explicacións en relación á rotura das negociacións pola reapertura da Praza de Abastos nº 1”