O BNG denuncia o aval da Deputación e a Xunta a un cartaz que deturpa o nome de Ourense e menospreza o idioma galego

ORENSE

Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG, "é inaceptable que institucións que deben protexer o galego avalen a súa deturpación e cedan espazos públicos a quen fomenta a galegofobia”

O BNG denuncia o aval da Deputación e a Xunta a un cartaz que deturpa o nome de Ourense e menospreza o idioma galego

Ourense, 11 de marzo de 2025. Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, traslada unha enérxica denuncia e rexeitamento ante a publicitación patrocinada pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galiza na que se emprega a forma deturpada “ORENSE” no canto do topónimo oficial, lexítima e propia “OURENSE”. En concreto a organización nacionalista na Deputación de Ourense estase referindo ao cartaz publicitario de Jiménez Losantos, que está a ser difundido cos logotipos de dous entes públicos como o son a Xunta e a Deputación de Ourense.

 Para os nacionalistas resulta especialmente gravoso que despois dun acordo unánime na Deputación de Ourense fai só quince días, no que se recoñecía por parte de todos os grupos políticos, a necesidade de dignificar o idioma e fomentalo, agora apareza publicamente deturpando o nome propio e legal da provincia. Contribuíndo deste xeito a menosprezar o idioma propio de Galiza e co aval da Deputación de Ourense.

Desde o BNG apuntan que maña mesmo trasladarán ao goberno provincial unha pregunta para saber se ademais das instalacións nas que se promove un acto de afrenta á cultura e idioma galego conta con respaldo e aportacións de fondos públicos de todas e  todos os ourensáns.

Tamén demandamos que se denegue o espazo público para este tipo de actos que promoven actividades de galegófobas  contra a cultura e o idioma do pobo galego “É inaceptable a cesión de espazos dependentes de administracións públicas que teñen a encomenda legal, política  e social de velar polo noso idioma a quen fai bandeira do desprezo e rexeitamento do idioma propio de Galiza.”  Sinalaba o voceiro nacionalista do BNG,  que continuaba declarando “e  agardamos que non se destinasen fondos públicos para unha actividade que despreza a toda a veciñanza de Ourense.”

Desde o BNG esiximos que a Deputación se desvincule por completo deste acto de galegofobia e que demande a retirada deste cartaz que inclúe o logotipo da Deputación de Ourense, sinalou Varela, ademais, instamos tanto á Deputación como á Xunta a reforzar o seu compromiso real coa defensa e promoción do galego, evitando calquera tipo de complicidade con iniciativas que  desprezan o idioma.

O noso idioma é un patrimonio colectivo que debemos protexer e dignificar, e desde o BNG seguirémolo defendo para que sexa respectado en todas as esferas do noso País, canto máis cando implica ás institucións que teñen unha obriga legal por defendelo e outorgarlle o lugar que se merece.

O BNG denuncia o aval da Deputación e a Xunta a un cartaz que deturpa o nome de Ourense e menospreza o idioma galego