Apoio á convocatoria da CIG contra a Reforma Laboral
Ourense, 9 de marzo de 2012. O BNG destacou en rolda de prensa o seu compromiso en apoio á convocatoria da CIG contra a Reforma Laboral e do movemento feminista polos dereitos das mulleres.
No local comarcal do BNG Ourense-O Carballiño, tivo lugar a rolda de imprensa, coa presenza de cargos orgánicos e institucionais do BNG, para poñer en valor os actos xa celebrados con motivo do 8 de Marzo día internacional das mulleres e chamar á participación na manifestación convocada polo sindicalismo nacionalista para o sábado 10 de marzo día da clase obreira galega, contra a Reforma Laboral do Goberno de Rajoy e na manifestación que se celebrará o domingo 11 en Compostela convocada por distintas organizacións feministas.
O BNG reiterou a súa posición contra a Reforma Laboral e seu compromiso na defensa dos dereitos das mulleres, a portavoz municipal, Isabel Pérez, sinalou neste sentido que 'hai violencia estrutural contra as mulleres cando se precarizan as nosas condicións para a entrada no mercado laboral e cando se privatizan servizos públicos que son a única garantía de que poidamos acceder en igualdade de condicións ao mercado laboral'