Comunicado ao respecto da recepción do Acta de Inspección Provincial de Traballo sobre o presunto ca
1.- O luns día 9, arredor das 13 horas, recibiuse na sede do Consorcio do Festival de Cine de Ourense un acta de infracción que propón o INICIO dun expediente sancionador, establecendo un prazo de quince días hábiles para presentar as correspondentes alegacións.
2.- No informe elaborado pola inspección, detectanse unha serie de afirmacións que fai a traballadora denunciante que non se corresponden en absoluto coa realidade, segundo manifestan os responsabeis do Consorcio.
3.- Ao noso entender, o informe elaborado pola inspectora peca de falta de profesionalidade, toda vez que non contrasta co persoal directivo e traballador do Consorcio do Festival de Cine determinadas afirmacións que realiza a persoa denunciante. A modo de exemplo, faise referencia a ter sido apartada da organización este ano 2011, do Ciclo de Cine no Museo Municipal, sendo público e notorio que este ano non se realizou o referido Ciclo, información o que non foi contrastada pola inspectora.
4.- Evidentemente, o administrador e demais persoas traballadoras facilitaranlle ao órgano que vai instruir o expediente, toda a información que demande e a necesaria para aclarar que en ningún caso se ten producido a situación de acoso laboral que foi denunciada.
5.- Aclarar que se está a falar do inicio da incoación dun expediente, e non de ninguna resolución nin sentencia, como ten aparecido en algún medio de comunicación.
6.- Lamentar que unha vez máis, a prensa teña coñecemento do inicio dun expediente antes que o propio administrador do Consorcio do Festival de Cine e demáis persoas que se podan ver afectadas.
Grupo Municipal do BNG Concello de Ourense