O BNG apoia as mobilizacións do Día da Clase Obreira Galega
Ourense, 10 de marzo de 2012. Representantes institucionais e orgánicos participaron este sábado na mobilización convocada pola CIG en Ourense.
O BNG participou da mobilización que conmemora o 40 aniversario dos asasinatos de Ferrol e que este ano se enmarca na campaña de preparación da Folga Xeral do 29 convocada pola Central Intersindical Galega.
Esta mobilización estivo centrada no rexeitamento da Reforma Laboral aprobada esta semana no congreso dos deputados co voto en contra do BNG. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, advertiu que a contrarreforma laboral do PP non só é unha regresión sen precedentes en materia de dereitos laborais senón que marca unha orientación que o único que vai traer consigo é agudizar e afondar a crise e incrementar aínda máis o primeiro problema social en Galiza e no Estado español que é o elevadisimo número de desempregados".
Representantes institucionais do parlamento galego como Tereixa Paz, as responsábel local, Susana García, e comarcal, Montse Nóvoa, así como a portavoz municipal, Isabel Pérez , o Concelleiro de Vivenda e Deportes, Fernando Varela e o alcalde de Allariz, Francisco García, asistiron a este convocatoria para sumar o apoio do BNG ao rexeitamento dunha reforma laboral que merma de xeito considerábel os dereitos das traballadoras e traballadores.
O BNG e Galiza Nova apoiaron esta convocatoria da CIG e participarán nas vindeiras semanas das convocatorias da central sindical e da preparación da Folga Xeral do 29 de Marzo en Ourense.