Bases do proceso selectivo para cubrir un posto de persoal eventual, adscrito ao Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense

Oficina municipal do BNG

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese ás 09:00h. do mércores, 30 de agosto e remata ás 20:00h. do xoves, 07 de setembro de 2023.

Bases do proceso selectivo para cubrir un posto de persoal eventual, adscrito ao Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense

1. OBXECTIVO DO PRESENTE PROCESO SELECTIVO.

Cubrir 1 (un) posto de persoal eventual, adscrito ao Grupo Municipal do BNG, no Concello de Ourense (por decreto de Alcaldía), polo prazo que determine o citado decreto de alcaldía.

2. CALENDARIO.

O prazo para presentación de solicitudes será o comprendido entre o mércores 30 de agosto desde as 9 horas e o xoves 7 de setembro ás 20 horas. . A presentación das solicitudes, que incluirán un Curriculum Vitae detallado, pódese facer tanto de xeito presencial, no local comarcal do BNG, en horario de 9:00 a 14:30 e de 17:30 a 20:30 horas, como telemáticamente a través do correo eléctrónico [email protected]. Das solicitudes, tanto presenciais como telemáticas, darase o correspondente acuse de recibo aos efectos de que quede constancia da hora e día da presentación.

Quen non teña acuse de recibo o venres, día 8 de setembro, disporá dun prazo de 48h para subsanación de posíbeis erros.

O luns 11 de setembro as persoas que desexen consultar a relación definitiva deberán poñerse en contacto co BNG, tamén este día quedará estabelecida a lista definitiva de aspirantes ao posto.

O mesmo luns 11 de setembro a comisión de selección reunirase ás 18h no local comarcal do BNG de Ourense, para análise e valoración das propostas de candidat@s apresentadas. A comisión, á vista das candidaturas presentadas, procederá a realizar a proposta da persona escollida, motivando a súa decisión, e que será elevada ao Consello Local do BNG, que tomará a decisión definitiva o propio día 11 de setembro ás 20 horas.

3. A COMISIÓN DE SELECCIÓN.

A comisión de selección estará formada polas persoas que a continuación se detallan:

RHUT MARINA REZA ÁLVAREZ (concelleira)

XOSÉ LUIS SEARA FERNÁNDEZ (responsábel local e concelleiro)

SERAFÍN NÚÑEZ PÉREZ (responsábel comarcal)

XOSE MANUEL PUGA GONZÁLEZ (concelleiro, deputado provincial e C.Local)

EREA BLANCO GALLEGO (concelleira e C.Local)

NOA PRESAS BERGANTIÑOS (C. Local)

MANUEL MARÍA CARNICERO MÉNDEZ-AGUIRRE (C.Local)

XOSÉ FERNÁNDEZ BALTAR (C. Local)

Suplentes: SONIA ALBOR GÓMEZ, FERNANDO VARELA

A comisión de selección, poderá determinar, se así o considera, unha entrevista persoal aos/ás aspirantes.

4. LISTAXE DE AGARDA.

A acta irá motivada de selección da persoa, irá acompañada dunha listaxe de agarda das persoas presentadas ao proceso selectivo e que quedaron en segundo, terceiro e cuarto lugar. Esta listaxe utilizarase, de ser o caso, para a substitución d@ candidat@ seleccionado, agás que polas circunstancias concorrentes se considere máis acaído abrir un novo proceso selectivo.

O presente proceso selectivo pode quedar deserto.

5. CARACTERÍSTICAS DA CONTRATACIÓN.

- O contrato terá a categoría de auxiliar administrativo, a xornada completa.

- O salario bruto ascende ás cantidades estabelecidas no Decreto de Alcaldía de nomeamento e segundo a categoría de administrativo do Concello de Ourense, coas regularizacións anuais legalmente acordadas. O salario bruto aproximado para o ano 2023 é de 22.412,74 € anuais.

- Disporá de carné de conducir, coche e dispoñibilidade para moverse polo concello.

- Existirá un período de proba de 2 meses e, de non ser satisfactorio, cancelarase a contratación.

- A decisión será tomada pola comisión de selección, co visto e prace do Consello Local.

- Ao ser un posto para traballos administrativos e tamén políticos, deberá ser de confianza política do grupo municipal e provincial, así como para a organización.

- Desenvolverá o traballo no local do concello e fará labor de apoio organizativo.

-Deberá ter coñecemento en materia de comunicación audiovisual e/ou xornalismo (ou experiencia probada neste eido que se considere suficiente) así como coñecemento de Photoshop (Canva, Inkscape ou Indesign no seu defecto), Premiere (cap cut, filmora, canva vídeo no seu defecto). Tamén deberá ter coñecemento en materia de redes sociais (Facebook, Twitter) e nas que están collendo forza nos últimos tempos (Tik Tok, Instagram ou as que poidan surxir).

6. TRABALLOS A REALIZAR.

- Apoio ao grupo municipal na dinamización política e organizativa do BNG no concello, colaborando na organización e dinamización de actos ou de boletíns locais.

- Fará o traballo técnico da relación coa prensa.

- Levará as redes sociais do BNG, deberá crear contido para as mesmas do propio grupo municipal.

- Deseño de cartelaría, comunicacións para redes sociais, creación de vídeos e contido audiovisual.

- Creación dun plan de tactificación para a comunicación que mellore a interacción actual das redes sociais do BNG así como as mensaxes a transmitir nas propias redes sociais.

- Atender as comunicacións –burocráticas- coa institución, cos distintos colectivos do concello, así como coa área local, comarcal e nacional de organización.

- Calquera outra que o consello local estime oportuno.

Bases do proceso selectivo para cubrir un posto de persoal eventual, adscrito ao Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense