O BNG abandona o pleno ante conductas inadmisíbeis en institucións democráticas
O BNG decidiu hoxe abandonar o pleno no momento en que tivemos coñecemento de que se estaba utilizando documentación persoal dunha concelleira para incidir no debate político.
O grupo municipal do BNG considera inaceptábel que se recurra a datos persoais de representantes públicas, nomeadamente se non se axustan á realidade, como ferramenta de ataque ás posicións políticas. Unha vez máis o Concello de Ourense envolto en polémicas alleas ao interés da cidadanía.
Se ben o BNG mantén claras discrepancias coas formas de facer política dos outros grupos políticos do Concello de Ourense non admite actitudes como a amosada hoxe polo grupo de goberno que se serviu de información privada que debera custodiar o servizo de persoal do Concello para atacar políticamente a Susana Gómez Valencia.
Dende o BNG lamentamos unha vez máis que o debate político e as propostas de futuro para a cidadanía fiquen nun segundo plano fronte as actitudes de parte da corporación municipal.