O BNG acada un acordo provincial para demandar que confederacións hidrográficas e institucións galegas e estatais se impliquen na axuda aos concellos afectados polas riadas
Bernardo Varela facía especial fincapé na necesidade de colaboración das confederacións hidrográficas no mantemento e limpeza dos cauces do ríos para evitar futuras riadas, e a colaboración desta na reparación dos danos.
Bernardo Varela demandou explicacións sobre a recente inclusión da Deputación de Ourense no accionariado do Club Ourense Baloncesto
Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG, trasladaba ao pleno provincial unha moción na que demandaba a implicación de todas as administracións públicas na reparación dos danos causados polas riadas deste mes, así como medidas preventivas no coidado dos cauces do ríos para que en situacións de fortes choivas os danos non se agraven por acumulación de lodos, troncos e outros restos elementos derivados da falta de coidado dos ríos.
“É preciso que se leve a cabo o acondicionamento dos ríos baixo a súa xestión das confederacións hidrográficas co fin de previr no posible, futuras riadas, procedendo á limpeza de sedimentos, maleza e axendando traballos periódicos que eviten a súa acumulación descontrolada destes elementos no cauce dos ríos. Facilitando tamén a xestión sostible dos bosques de ribeira por parte dos propietarios das parcelas colindantes” sinalaba o voceiro nacionalista
A moción presentada polo BNG foi debatida conxuntamente coa proposta feita polo PSdeG-PSOE , sendo aprobadas ambas propostas por unanimidade da corporación provincial para demandar á Xunta ao Estado, goberno provincial e Confederacións Hidrográficas a súa implicación na recuperación das infraestruturas municipais danadas polas riadas en infinidade de concellos galegos e en especial os concellos ourensáns.
Deputación no accionariado do COB
Desde o grupo provincial do BNG procedeuse a preguntar ao grupo de goberno provincial cal é a situación da Deputación dentro do accionariado do Club Ourense Baloncesto.
Tras unhas informacións remitidas ao grupo nacionalista na Deputación de Ourense, Varela demandaba coñecer de onde viñan as accións que ten no seu poder o ente provincial. Pois tal como se indicaba nun correo elecctrónico remitido ao BNG, estas accións podrían proceder de Don Jose Luís Baltar Pumar, o anterior presidente da Deputación provincial de Ourense.
Según o informe do Consello Superior de Deportes que se acompañaba na información remitida aos nacionalistas, estas accións non terían sido rexistradas e regularizadas no seu momento, podendo isto xerar responsabilidades ao respecto.
“ O primeiro que preguntamos é saber cal é a situación real, se existe algún tipo de irregularidade nas accións que se teñen levado a diante e se Don Baltar Pumar trasladou estas accións a favor da Deputación Provincial e como foi este traspaso , de tipo gratuíto por algún acordo económico que aínda non nos fose comunicado” sinalou Bernardo Varela.