O BNG acepta o compromiso do Alcalde e quere axilidade no seu cumplimento
O BNG aceptou o compromiso adquirido no Pleno Extraordinario por parte do Alcalde de cumplir coas exixencias plantexadas polo Consello Local e transmitidas onte á cidadanía.
O alcalde comprometeuse a reintegrar ás arcas municipais as cantidades adicadas a gastos que non son propios da acción política, a depurar responsabilidades políticas derivadas da situación creada na cidade e na cidadanía por estas prácticas e convocar unha Xunta de Voceiros para elaborara unha proposta onde apareza, con toda nitidez cales son as finalidades, non soamente legais senón ética e moralmente aceptables dos recursos que se destinan aos grupos municipais e os mecanismos para que a cidadanía coñeza con toda clase de detalles o seu destino. Estas cuestións, que eran básicas para definir o voto do BNG foron aceptadas.
Para que os compromisos sexan firmes o Portavoz Municipal do BNG, Xosé Somoza, ven de rexistrar no Concello unha petición na que empraza ao Alcalde e ao Grupo Municipal do PSOE a responder con axilidade ao cumplimento de ditos acordos e na que se solicite aclare os prazos e procedementos a través dos cales se vai dar cumplimento aos compromisos adquiridos hoxe por Agustín Fernández.