É o BNG quen presiona para chegar a un acordo na finalidade dos gastos dos grupos
O portavoz nacionalista tivo que insistir para que da xunta de voceiros saíra un proposta de mínimos
Logo da esixencia do BNG á respecto de acotar a finalidade dos cartos recibidos polos grupos políticos, a proposta do BNG na xunta de voceiros foi a seguinte:
1- Gastos excluídos: ademais dos xa prohibidos -remuneracións de persoal municipal e inmobilizado-, gastos en comidas e bebidas alcohólicas.
2- Que os gastos admitidos se distribúan dunha forma equitativa entre estas grandes partidas.
a) Funcionamento do grupo municipal: material de oficina, mantementos informáticos, alugueres de locais para actividade municipal, estudos técnicos, asesoramento profesional, etc
b) Traballo político do grupo municipal: gastos en reunións con veciños e veciñas, asistencias a cursos e congresos específicos, campañas políticas, etc.
c) Comunicación do grupo municipal: publicacións, insercións publicitarias nos medios de comunicación, etc.
3- Que os cartos gastados indebidamente polos grupos municipais, logo da consideración do primeiro punto, se reintegraran na partida de Gastos Diversos de Emerxencia Social.
Despois dun longo debate, o grupo municipal socialista e o popular accederon, en parte, as demandas nacionalistas. Desmarcóuse do acordo, D.O.
O acordo exclúe as comidas privadas e os gastos en bebidas alcohólicas das asignacións aos grupos muncipais. O acordo pasou pola excepción das comidas tradicionais con militantes e simpatizantes -magostos- , pero nunca coas AAVV, como vén de manifestar o alcalde na posterior rolda de imprensa.
En canto á transparencia dos gastos acordóuse publicalos na páxina web do concello con periodicidade trimestral incluíndo o resumo dos gastos feitos en 2012 tal e como establecía o acordo plenario acadado o pasado 3 de maio.
Por último, na devolución dos gastos impropios aceptóuse unha proposta máis xenérica de reintegro aos grupos municipais que serían os que finalmente destinarían esas cantidades a fins sociais.