O BNG de Amoeiro solicita no concello a colocación de pasos habilitados nas obras de reforma que se levan a cabo na contorna da Praza do Campo
Desde o inicio das obras, que xa acumulan demoras no tempo que non son xustificadas, a veciñanza de Amoeiro ten problemas para transitar na entrada e saída das súas vivendas, negocios, etc. dado que a colocacións dos pasos non cumpre a normativa vixente
Amoeiro, 15 de novembro de 2021. O BNG de Amoeiro vén de rexistrar un escrito no concello no que solicita a colocación de pasos habilitados sobre as obras de substitución da tubaxe das canalizacións do abastecemento, saneamento e a construción de beirarrúas nos arredores da Praza do Campo en Amoeiro.
O motivo esgrimido polos nacionalistas non é outro que dar resposta ás queixas veciñais xa que desde o comezo das obras, non poden entrar ou saír dos seus domicilios ou mesmo facer a compra ou outro tipo de xestións nos establecementos locais coa debida seguridade que establece a lexislación vixente.
Os representantes locais do BNG en Amoeiro, veñen de solicitar que se retiren, o máis axiña posible, os tablóns colocados no seu día para transitar por riba das obras. Tablóns instalados con posterioridade ao inicio das obras, as cales estanse dilantando demasiado no tempo.
Igualmente, solicitan a retirada dos tablóns reseñados e a súa substitución por uns soportes metálicos homologados para que a veciñanza poida transitar con normalidade, sen correr riscos innecesarios. Hai que reseñar que xa se produciu algunha caída, xa que os tablóns que colocaron non cumpren a normativa vixente.
Con esta solicitude, desde o BNG, pretendese pór en coñecemento da alcaldía do Concello de Amoeiro a situación irregular que a veciñanza leva vivindo nas últimas semanas, pola súa falta de celo e previsión na colocacións destes pasos peonís.