O BNG apoia a manifestación convocada para mañá polas Plataformas de estafadas das preferentes
Co lema O goberno rouba aos aforradores para rescatar á banca. Devolución do 100% dos aforros as persoas estafadas polas Preferentes e Subordinadas convocan para mañá sábado unha grande manifestación nacional na que participará activamente o Bloque Nacionalista Galego.
Á convocatoria están chamadas as plataformas de estafad@s de toda Galiza. Son máis de 40.000 as galegas e galegos que seguen sen recuperar os seus aforros.
Este roubo pasará á historia como un dos maiores escándalos financieiros que ademais é apoiado polo goberno do Partido Popular. As plataformas piden o apoio da cidadanía porque toda a sociedade está pagando con recortes o rescate destes bancos estafadores.
A manifestación saíra ás 11:30 horas do Pavillón e discorrerá pola rúa Progreso, Xoán XXIII, Paseo, Lamas Carbajal para rematar na Praza Maior.
Ourense, 14 de xuño de 2013