Unha grúa abandonada na Valenzá pon en perigo a seguridade d@s veciñ@s
As grúas da construción abandonadas polo parón urbanístico supoñen un peligro para a cidadanía. Na Rúa das Burgas, no solar que fai esquina coa Rúa do Viso, leva varios anos abandonada unha destas grúas. Esta grúa, ademais de non pasar os oportunos controis de calidade aos que obriga a lei, non está cerrada na súa base, polo que calquera persoa ou neno/a pode subir a ela sen que nada llo impida. Pola súa proximidade ás vivendas supón tamén un risco en caso de derrube polo seu abandono.
O BNG xa ten notificado en anteriores ocasións aos responsábeis do concello a situación desta grúa sen que ata o momento se teña tomado ningunha decisión para solucionar o problema. Sen dúbida, isto responda á permisividade e complacencia que sempre observou o grupo de goberno do PP cos construtores no concello, deixándolles facer o que consideren e permitíndolles que incumplan a normativa en materia de seguridade. A desidia á hora de afrontar os problemas cotiás pon en perigo á veciñanza do noso concello. Non entendemos como habendo unha concellaría de obras, cunha concelleira responsábel que cobra 1.300 ao mes por media xornada laboral, non sexa quen de solucionar un problema que pode representar un accidente grave no futuro.