O BNG apoia o primeiro paso para modificar a ordenanza de terrazas
O BNG apoiou, na comisión de pleno, a aprobación inicial da modificiación da ordenanza de terrazas e veladores para que a cidadanía poida alegar e mellorar unha norma tan necesaria para regular o uso excesivo de veladores nos espazos públicos.
Asemade, as-os nacionalistas queren apoiar a aprobación inicial como mostra de recoñecemento ao traballo da concellaría de Comercio en canto á inclusión da maior parte das emendas presentadas polo BNG como, por exemplo, non permitir anclaxes de ningún dos elementos que conforman a terraza, homologación das tarimas, eliminación dos peches laterais, prohibición de aparatos de imaxe e son que emitan cara a vía púbica ou o incremento das sancións.
Porén, o BNG está aberto a propostas que no período de alegacións poida facer a cidadanía e o empresariado de hostelaría.
Ourense, 30 de maio de 2014